O Ministerio de Transición Enerxética vén de comunicar ao alcalde a celebración dunha reunión a tres bandas entre o Ministerio, a Xunta e o Concello para abordar o problema do abastecemento de auga en Vigo.
Segundo informa o Goberno local, esta reunión é resultado do encontro mantido o día 28 de agosto en Madrid entre Teresa Ribera e Abel Caballero.
O Ministerio, que dirixe este proceso, trasladou ao alcalde o seu interese en que esta cita teña lugar o antes posible, pois “considera absolutamente prioritario solucionar de forma definitiva o problema do abastecemento de auga en Vigo e a súa área”.
Abel Caballero subliña que “por primeira vez en sete anos, un Goberno de España se toma en serio esta demanda” o que cualifica de “gran noticia” pois “desbloquea a solución a un problema central na cidade”.
Para o alcalde “esta decisión contrasta co desentendemento total de Feijóo nesta cuestión no último ano: mentres Feijóo actúa en contra de Vigo, os demais achegamos solucións”.