Destacados

Caballero pide «consumo responsable» aos 9 alcaldes e alcaldesas dos concellos «aos que Vigo abastece de auga»

Abel Caballero enviou unha carta a todos os alcaldes e alcaldesas dos concellos aos que Vigo abastece de auga –Cangas, Moaña, Redondela, Soutomaior, Gondomar, Salceda, Nigrán, O Porriño e Mos– pedíndolles “consumo responsable” e que implementen as mesmas medidas de aforro que adoptou Vigo, coa supresión de baldeos.

O alcalde explicou que no que vai de ano, Vigo aforrou un 4,5% no consumo de auga,”o dobre que o promedio do resto dos nove concellos aos que abastece que é dun 2%”, e salientou que nestes nove primeiros meses do ano, un dos concellos aumentou nun 11% o seu consumo polo que lle vai enviar ao rexedor unha comunicación singular reclamándolle gasto de auga responsable.

Caballero reiterou a necesidade de facer o «máximo aforro posible» porque non hai previsión de choivas e aprazou ata o próximo luns a decisión de adoptar eventuais novas medidas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.