O alcalde, acompañado da concelleira de Educación, presidiu este xoves a inauguración das actividades conmemorativas do 50 Aniversario do Politécnico de Vigo, constituido en setembro de 1968, data na que empezaron a impartirse no edificio actual-deseñado para 500 alumnos- as ensinanzas de formación profesional de manera autónoma, contando no primeiro momento cos alumnos que proviñian dos estudios de rexime nocturno que se impartían na Escuela de Peritos Industriales.
Os actos de celebración deste médio século de vida, contan coa presencia de ex alumnos, profesores e todos os ex directores vivos do centro que esta tarde, ademáis de asistir ao inicio dunha exposición que lembrará estes anos, consistirá nuna conferencia sobre o 50 aniversario a cargo dos profesores C. Esteban López y Clara Ogando, amenizado polo cuarteto de corda ‘Scordatura’.
Os interesados na historia destes anos poden entrar no perfil de Facebook 50 aniversario IES Politécnico de Vigo, no que atoparán imaxes de antigos estudantes, publicacións de xornais da época do inicio das clases, e anteriores, unha accidentada viaxe á central termoeléctrica de Meirama, no curso 1980/81, ou unha copia do nomeamento oficial de Armando Priegue Guerra coma primeiro director.