A falta de dous meses para finalizar o Plan de Emprego VII, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Concello de Redondela, o 74% das persoas participantes xa conseguiron un contrato de traballo.
Máis de 160 empresas da comarca foron visitadas polas Prospectoras Laborais dentro do Plan de Emprego para a captación de ofertas de Emprego, ademáis este ano introduciuse como novidade formación en soldadura para poder acceder o Sector do Naval.
- A tenente de alcalde e concelleira de Emprego, María del Carmen Amoedo, subliña que “ao longo dos 9 meses que levamos de programa, 62 das 85 persoas participantes consiguieron un contrato de traballo e a día de hoxe”.
As contratacións acadadas foron principalmente nos postos de: operarios de producción no sector automoción e alimentación , operarios/as de limpeza industrial e limpeza de edificios, operarios/as de loxística. No sector de marketing e comunicación: teleoperadores; en atención sociosanitaria coidadores a domicilio e en institucións; no sector hostelería: camareiros/as e axudantes de cociña e no sector alimentación: caixeiras-repoñedoras en supermercados.