A Consellería de Medio Rural informa de que o lume que se declarou na parroquia de Araño, en Rianxo, queimou xa máis de 20 hectáreas durante este mércores.
ACTIVO un lume no concello coruñés de Rianxo, parroquia do Araño, que afecta provisionalmente unha superficie superior ás 20 hectáreas. #IFArañoRianxo
— incendios 085 (@incendios085) October 3, 2018
Así mesmo, finalmente quedou apagado o fogo que arrasou preto de 20 hectáreas o concello de Ortigueira. As lapas comezaran o martes ás 8 da tarde, estaban controladas a pasada madrugada e quedaron extinguidas hoxe grazas ao traballo de 4 axentes, 19 brigadas, 13 motobombas, unh pa e un helicóptero.