O Concello das Neves avanza no ‘Plan Revitaliza’ para unha nova e sostible xestion do lixo. Nestes últimos meses as xestións tiveron que ver co estudo, programación e xestión de comprar precisas para por en marcha e desenrolar o plan.
Agora acaba de chegar unha trituradora que servirá para convertir restos de podas en estruturante para a compostaxe e, nos vindeiros días, será entregado un camión e tamén composteiros individuais, un para cada casa e este mesmo mes de outubro comezan as reunións nas parroquias para a entrega dos composteiros.
“Son novos servizos para un tempo novo”, indica o Alcalde nevés Xose Manuel Rodríguez, que estivo presente na entrega xunto co concelleiro de Medio Ambiente Oscar González, o Técnico do Plan Revitaliza Carlos Pintos e o responsable da empresa suministradora Pablo Loureiro.