O Goberno local de Redondela vén de iniciar as obras de ampliación do entronque da estrada N-555 con Sapal, na parroquia de Santo Estevo de Negros. Segundo salienta a concelleira de Vías e Obras, Maria José Barciela, “trátase dunha obra moi demandada polos veciños e veciñas, xa que mellora moito a seguridade nese acceso”.
Ata agora a anchura na saída á estrada nacional era de 3.50 metros e tras as obras do AVE xerouse unha explanada que permanecía por fora do valado seguridade de 6 metros: os traballos,q ue contan cun orzamento de 22.000€, levarán á retirada dunha barreira de 18 metros de longo “ampliando a estrada ata uns 7 metros quedando ademais un paso seguro para os peóns”.
O alcalde, Javier Bas, xunto coa concelleira, comprobou que xa está retirada o devandito valado e que demoleuse a cimentación antiga iniciando xa o preparado do terreo para a nova pavimentación.