Imaxes:Paula Crespo/O voceiro de Marea de Vigo asegurou este venres que “é rotundamente falso”, como asegurara o alcalde, que os orzamentos municipais para 2019 sexan os maiores da historia da cidade e, logo de amosar o seu desgusto por terse informado pola prensa das ‘liñas mestras’ do mesmo, asegurou que o que fixo Abel Caballero foi deixar para un ano electoral boa parte das cantidades destinadas a inversión e que non se executaran con anterioridade.
Na mesma liña, Ruben Pérez, facendo referencia a datos do Ministerio de Facenda e a Asociación de Directores e Xestores de Servizos Sociais do Estado, asegurou que tamén é mentira que o gasto social do Concello de Vigo estea entre os máis altos de España, “salvo que se considere como gasto social as luces de Nadal”, ironizou.
Pérez salientou que, pola contra o gasto social na cidade é de 42€ por habitante, “por debaixo da media dos concellos de máis de 20.000 habitantes, que está en 50€” e demandou que, considerando o seu tamaño, a súa poboación e as graves dificultades que pasan moitos dos seus veciños, o investimento en política social en Vigo subise ate os 100€ por habitante, que sería o preciso para facer fronte as necesidades actuais.