O Concello porá en marcha un servizo especial de autobuses e reforzará todas as liñas que prestan servizo aos cemiterios con motivo da festividade de Todos os Santos que terá lugar este xoves, día 1 de novembro.
Así, incorporaranse os autobuses necesarios para cumprir coas demandas dos usuarios ao longo da xornada. Ademais das liñas regulares, disporán dun servizo de ampliación de frecuencia nas liñas C3, L15 e L17.
Relación de cemiterios e liñas:
Teis: C3
Bouzas: C3, L4 A/C, L5 B y L15 A/C
Pereiró: H2, L7, L8, L12 B e L17
Zamáns: L7
Puxeiros: L15 C
Beade: L6 y L27
Candeán: L9 B
Cabral: L11
Matamá: L17
Alcabre: L10 y L15 A/C
- Andrés: L11 e L29.