A Concellaría de Muller e Igualdade de Redondel avén de abrir o prazo de inscrición para participar no ‘Programa Municipal de Conciliación 2018’ convocatoria de Nadal.
O principal obxectivo desta actividade é promover a conciliación da vida familiar e laboral das familias do concello durante estas vacacións.
Este Programa, ao que hai que inscribirse previamente, ofértase para menores de 4 a 14 anos, cuxa nai ou pai teña unha antigüidade no empadroamento no concello de Redondela de como mínimo 1 ano.
O Programa desenvolverase do 24 ao 31 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro de 2019, de luns a venres, en horario de 9 da maña a 2 da tarde, nas seguintes parroquias: Cedeira: Centro cultural de Cedeira, con 15 prazas; Cesantes: Centro cultural de Cesantes, con 15 prazas; Chapela: Multiúsos, con 15 prazas; Negros: Asociación de veciños de San Esteban de Negros, con 15 prazas; O Viso: Antiga escola de Tuimil, con 15 prazas; Reboreda: Sociedade labrego cultural de Reboreda, con 15 prazas; Redondela: Multiúsos, con 30 prazas; Saxamonde: Centro cultural Chan das Pipas, con 15 prazas; Ventosela: Asociación deportivo cultural Miñoteira, con 15 prazas e Vilar de Infesta: Centro cultural de Vilar de Infesta, con 15 prazas.
Para poder participar é preciso presentar no Rexistro xeral do Concello en Redondela ou Chapela a ficha de solicitude de participación, que se pode descargar da páxina web do Concello ou recollela nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM).
O prazo de inscrición remata o venres 30 de novembro. A listaxe de admitidos publicarase o venres 14 de decembro. Para máis información podédesvos dirixir ao CIM (Centro de Información ás Mulleres), na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2, ou chamando ao 986 40 80 43.