Comarcas

@AsNevesConcello renova o alumeado público na rúa Eira da Liñaza

O Concello das Neves prosigue actuacións de mellora no alumeado público e edificios públicos para conseguir mellorar enerxética e económicamente e máis tamén para anovar o servizo que se presta.

Como sinala o alcalde, Xosé Manuel odríguez Méndez, “primeiro foi a renovación de tódolos cadros do alumeado público, logo o cambio a iluminación led nunha zona de moito consumo, despois a renovación da iluminación do pavillón e agora o cambio incluídos os báculos en toda a rúa Eira da Liñaza xunto cunhas novas no barrio do Monte”.

Rodríguez Méndez engade que “aínda queda moito por facer neste eido” e que por iso, o Concello xa ten solicitadas varias subvencións ao IDAE (Instituto para la Diversificación y ahorro de la Energía) que de ser condedidas permitirían renovar o alumeado de case todo o territorio municipal cunha inversión de arredor de 500.000€ dos que o Concello aportaría un 10 por cento.

También te puede interesar