Acusan ao Goberno local de esqueer ao 100.000 vigueses que viven no rural e de facer obras naquelas partes de Vigo que entende que son “caldairos de votos”
Imaxes: Paula Crespo/Os respesentantes do Grupo Municipal de Marea de Vigo denunciaron este mércores que o Goberno local non inviste nas parroquias da cidade as cantidades que asegura e acusaron ao executivo de Abel Caballero de ter “completamente abandonado” o rural da cidade.
Xosé Lois Jácome criticou o feito de que o Goberno municipal faga obras naquelas partes de Vigo nos que entende que ten “caladoiro de votos…nas que pode sacar ventaxe electoral” e esqueza completamente ás veciñas e veciños das parroquias, “que están abandoados non so en inversións, tamén en atención”.
Pola súa banda, Rubén Pérez advertiu que no orzamento municipal, ano tras ano hai 400.000€ que se anuncia que vanse investir na zona rural de Vigo e que finalmente non se gastan no que se asegura.
A esta cantidade, sinalou o voceiro de Marea de Vigo, hai que sumar os 2.500.000€ que non se gastaron do orzamentado para este ano que, reclamou, deberían de destinarse a mellorar a vida dos 100.000 vigueses que viven no rural desta cidade.