Galicia Vigo al minuto

O persoal en folga dos PAC volve alertar da situación “insostíbel” na Área Sanitaria de Vigo

O persoal dos Puntos de Atención Continuada (PAC) seguirá en folga os martes, venres e domingos ate o 17 de decembro

O Comité de Folga dos Puntos de Atención Continuada (PAC) vén de denunciar “as presións que se lle está realizando ao persoal sanitario dos mesmos axustando calendarios con xornadas abusivas e continuadas no tempo, algunhas delas con apenas 12 horas de descanso entre quendas de 17 horas ou mais”.

Segundo indican,  ademáis de obrigar a moitos dos profesionais a traballar en días que libraban por calendario, a súa agrávase polo feito de que nestas datas moitos deles teñen fillos en perñiodo de vacacións e hai persoal que non pode planificar as festas familiares porque non saben se terán que traballar no último momento.

O Comité de Folga subliña o contraste entre a necesidade de persoal sanitario, nomeadamente persoal médico, “coas ridículas prazas que se sacan para a Oferta Pública de Emprego (OPE) do vindeiro ano: cando só en Vigo vanse xubilar 35 médicos de familia, a convocatoria de Sanidade será de 54 prazas en total para toda Galicia”.

 Área de Vigo

Os profesionais aseguran que a situación na Área de Vigo “estase a voltar insostíbel” e a necesidade de persoal médico estase intentando solventar aumentando horas ao persoal do PAC, “eliminando permisos, vivindo coa incerteza de como e cando van ter que ir traballar ou se novamente terán que prolongar porque non hai ninguén que cubra a seguinte quenda de traballo”.

Os traballadores afirman que a ultima idea desta Xerencia é que os residentes de familia de 4º ano fagan traballo como adxuntos nalgún PAC para solventar a inoperancia dos servizos de recursos humanos, co rexeite deste colectivo que está rematando a súa formación. Esta é a forma que teñen de convencer a este colectivo para que se queden a traballar nesta área”.

A dirección da Área Sanitaria de Vigo o desminte

Neste punto, a dirección da Área Sanitaria de Vigo nega este extremo e lembra que os residentes de Medicina Familiar e Comunitaria, no marco do seu plan formativo, teñen a obriga de realizar gardas nos servizos de urxencias tanto nos hospitais como nos Puntos de Atención Continuada dos centros de saúde.

En ningún caso, os residentes substitúen ao persoal, a súa actividade non esta dirixida a cubrir ausencias, e ten que estar titorizada permanentemente por un médico titor da especialidade”, engaden fontes da dirección da Área Sanitaria viguesa.

Dende a mesma salientan que o plan formativo dos R4 de Medicina Familiar e Comunitaria establece a realización de 5 gardas mensuais, podendo incrementarse ata un máximo de 7. “Na área de Vigo, estas gardas se realizan no servizo de Urxencias do Álvaro Cunqueiro e nos cinco PACs acreditados, dos centros de saúde de Val Miñor, Redondela, Ponteareas, Porriño e Cangas”.

 

También te puede interesar