Os responsábeis da Asociación Veciñal de Teis, “logo de estudar o documento dos orzamentos do Concello para 2019, aprobados inicialmente no pleno do pasado 15 de novembro e que están pendentes de aprobación definitiva”, afirma que os mesmos recollen unha partida de 115.000€, destinada para a biblioteca, sala de lectura e usos múltiples en Teis.
Á vista desta circunstancia, “tendo en conta que o edificio do antigo centro de saúde, na rúa Enrique Lorenzo, que acollerá a biblioteca e que foi cedido hai escasas semanas pola seguranza social, necesita un gran investimento para adaptalo aos novos usos, pois atopase abandonado desde o ano 2000. A cantidade que figura no orzamento é totalmente insuficiente é sinala a falta de interese do Goberno local neste proxecto. O que non vai permitir contar cunha biblioteca en Teis en 2019”.
Dende a asociación vecinal subliñase que nos orzamentos de 2018 figuraba un investimento de 324.000€ para a sala de lectura de Navia e para nos de 2019 hai dúas partidas de 57.000 e 56.000€.
“Desde a Asociación Veciñal de Teis, defendemos desde hai anos a necesidade que neste edificio acolla unha biblioteca, ludoteca e local xuvenil. E non se limite só a unha sala de lectura e que perdamos unha oportunidade de dotar a Teis dunha boa dotación sociocultural”.
A Asociación Veciñal de Teis vai presentar alegacións ao orzamento que se atopa en período de exposición pública, esixindo do Goberno municipal o aumento da partida destina para a biblioteca e que permita que podamos contar con esta infraestrutura en funcionamento o antes posíbel.