Comarcas

@ConcelloNigran inviste preto de 40.000€ na mellora do alumeado público da parroquia de Chandebrito

O Concello de Nigrán está a desenvolver obras de mellora do alumeado público nos barrios de Pracíns, Barreira e a rúa Igrexa, na parroquia de Chandebrito, por valor de 38.926 € .

Nunha segunda fase e tras soterrar o cableado, o Concello acondicionará o núcleo rural da rúa da Igrexa sustituíndo o firme de aglomerado actual  por adoquíns de pedra, obra cun custe de 60.350 € que ten como obxectivo destacar o valor etnográfico da contorna e, ao mesmo tempo, manter e conservar os viais. Estos dous traballos forman parte do Plan Concellos 2016 e 2018 e estarán finalizadas a inicios de ano.

O Concello instalará novos puntos de luz LED e novos báculos de aceiro inoxidable no Camiño da Igrexa, Barreira, Pracíns e o núcleo da parroquia, toda ela cun alumeado deficitario de vapor de sodio e xa moi anticuado.

Tal e como xa se fixo en todo o centro urbano, a nova medida suporá reducir a potencia de consumo entre o 51 % e o 80 %, o que ao mesmo tempo implica diminuír as costas de funcionamento das instalacións de alumeado público e, sobre todo, permitiralle ao Concello optimizar o gasto enerxético neste ámbito. “Supoñen tamén un cambio de imaxe, xa que sustituirán aos vellos postes de madeira e o cableado irá soterrado, tal e como se está a facer en tódalas obras novas”, indicide o alcalde, Juan González.

También te puede interesar