'Qué te cuentas?' Galicia

As mulleres galegas cobran 4.400€ menos ao ano que os homes…por facer o mesmo traballo

Os galegos cobramos, de media, un soldo de 18.463€ brutos ao ano, segundo os datos difundidos este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Segundo os devanditos datos, o salario medio medrou un 1,92% en 2017, por riba da media do Estado, no que subiu un 1,78%…aínda así cobramos, de media 700€ menos que no conxunto do Estado no que a nómina anual media é de máis de 19.000€ anuais.

A diferencia non só está neste dato, hai outro que aínda é máis alarmante: a fenda entre o que perciben homes e mulleres en Galicia por facer o mesmo traballo segue a ser desmedida, exactamente é de 4.400€, de xeito que, de media, os galegos cobran máis de 20.500€ brutos ao ano e as galegas pouco máis de 16.100.

Te podría interesar