O Goberno Local vén de aprobar a adxudicación e contratación das obras do proxecto de mellora da contorna da Praza América, que comezarán a próxima semana, durarán uns 8 meses e terán un orzamento de 1,4 millóns de euros.
O alcalde aseguró este mércores que obxectivo destes traballos é de facer un “deseño moderno da praza, no contexto da humanización e retomando a idea do escultor Silverio Rivas que a fixo para pasar por debaixo da porta central, tocando a pedra e vivíndoa”.
Ao mesmo tempo, van renovarse as redes de abastecemento, saneamento, alumeado, crearanse aneis verdes de vexetación sobre xardineiras, tanto en el perímetro exterior como no interior e instalaranse novos semáforos, sinais e novo mobiliario na praza.