Galicia Sucesos

@ppdegalicia anuncia medidas legais contra o Goberno de Vigo por non entregar a documentación sobre o accidente do Marisquiño

O Partido Popular de Galicia vén de denunciar a “falla de la «lealdade institucional” que amosa a negativa do Concello de Vigo a facilitar a documentación solicitada pola Comisión de Investigación do accidente do Marisquiño do Parlamento galego, polo que non desbota tomar «as medidas legais, incluídas aquelas que sexan de carácter penitenciario», que procedan.

A Comisión segue os seus traballos-sen a participación do PSdG-PSOE-mentres os populares consideran “moi preocupante” o que cualifican de “actitude obstrucionista” do alcalde que, indican nunha nota, logo de meses dicindo que a organización do concerto do Marisquiño cumprira todos os requirimentos legais, “agora négase a dar conta no Parlamento.

O Partido Socialista repite que o Parlamento non ten competencia
O segundo tenente de alcalde, Javier Pardo, reiterou este mércores que o Goberno local de Vigo non vai remitir documentación algunha á Comisión de investigación dado que, segundo un informe xurídico do secretario municipal, a actuación deste órgano é unha”inxerencia na autonomía do Concello”.

Pardo engadiu que non entendía como En Marea e o BNG están dacordo co PP en “facer un ataque político ao alcalde e ao Concello de Vigo”, algo que, segundo a súa opinión, ten que ver cunha “estratexia electoral e coa total falla de respecto ás vítimas”.

Para o Goberno da cidade será o xulgado quen decida as responsabilidades e, rematou, xa deu unha pista sobra as mesmas nun auto no que reflicte que o lugar do accidente era un peirao do Porto, que é quen ten que arranxar a pasarela que cedeu.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.