O lume que prendera este xoves, preto das 2 e media da tarde, na parroquia de Castromil, no concello ourensá de A Mezquita, én de quedar apagado, segundo informa a Consellería de Medio Rural. Os primeiros datos apuntan a que o incencio, que empezara en varios lugares, arrasou un total de 161 hectáreas, 155 delas de monte baixo e 6 de arbolado.
Así mesmo, Medio Rural informa doutro fogo, controlado, na parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade que, egundo as primeiras estimacións, queimou xa unhas 45 hectáreas.