Este venres foi asinada a acta de reformulación do proxecto de desentullo, demolicións e consolidacións urxentes no núcleo de Paramos, en Tui, entre a empresa adxudicataria, Demoliciones e desamiantados Galicia S.L., a empresa Renova Integral, autora do proxecto, o coordinador de seguridade, Fernando Rodríguez Antelo, o director de obra, Francisco Valle Rubín e polo Concello de Tui, do seu alcalde.
O prazo de execución é de 2 meses a partir da data do inicio, tal como se recolle no documento. Deste xeito, a partir do vindeiro luns, día 7 os veciños afectados pola explosión da pirotecnia verán cumprido unha das súas principais demandas: ocomezo das obras de recuperación do barrio para as que este desentullo é un paso previo necesario.