O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 75 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 11, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 13 de xaneiro.
A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 75 persoas.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 72. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en catro accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 58 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións.
En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.