Comarcas

@ConcelloNigran levará á Xunta ante os tribunais por revogar a subvención para a mellora do acceso a Porto do Molle

O Concello de Nigrán presentará un recurso contencioso-administrativo contra a recente revogación da subvención de 120.000 € concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para a ‘Mellora de accesos ao Parque Empresarial Porto do Molle’. As obras nas rúas Gándara e Ponte Muíña, “moi demandadas pola veciñanza” e cun importe total de 253.000 €, supuxeron a sustitución da capa de rodadura, nova iluminación, canalización de pluviais e mellora da sinalización horizontal e vertical creando, ademais, un cebreado peonil pintado e delimitado lonxitudinalmente.

O goberno de Nigrán, tendo xa precedentes neste sentido, considera que a Xunta de Galicia realiza un uso “partidista e instrumental’ das súas axudas ao non contemplar a petición de ampliación de prazo de xustificación respaldada por informes técnicos e xurídicos.

As rúas Gándara e Ponte Muíña, fundamentais no acceso a Porto do Molle e ao IES Val Miñor, “atopábanse en pésimo estado, cun firme completamente deteriorado e provocando as lóxicas queixas dos seus usuarios, polo que para o Concello era unha obra prioritaria con ou sen subvención”, subliña o o alcalde,Juan González, para quen  “o importante é que esta feita”, e polo tanto é inxusto que revoguen a subvención e “por iso acudiremos aos tribunais, pero se temos que seguir facendo investimentos imprescindibles sen axudas da Xunta o faremos igual porque somos un Concello nunha boa situación económica”.

También te puede interesar