A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña que condenou a 9 anos de cárcere un paciente dun centro de atención a persoas con discapacidade física de Ferrol por abusar sexualmente doutro home ingresado nas instalacións.
Os feitos, segundo consta na sentenza, producíronse no carto da vítima entre xaneiro e xuño de 2016, cando unha enfermeira descubriu o acusado. O tribunal sinala que existe “proba de cargo lícita, suficiente e que exclúe toda dúbida razoable en relación coa totalidade dos feitos que se declaran probados, incluída a penetración bucal nunha ocasión”.