Comarcas

@depo_es abre os prazos de adhesión aos programas “Depotermal”, “Depo en marcha” e “En Ruta coa Depo”

As novas edicións de “Depotermal”, “Depo en marcha” e “En Ruta coa Depo” xa están en marcha, tal e como sinalou este venres a presidenta da Deputación de Pontevedra. Carmela Silva adiantou que desde a administración provincial xa se remitiron esta mañá cartas  aos concellos e entidades sociais da provincia explicándolles o procedemento a seguir para adherirse por medios electrónicos ás novas edicións dos programas de Cohesión Social.

“Depotermal” trátase dun programa que facilita o acceso ao turismo de saúde ao tempo que serve como plan dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.   Para esta edición, a Deputación de Pontevedra oferta 4.434 prazas, das cales haberá 434 subvencionadas para persoas con escasos recursos económicos ou en risco de exclusión.

“En Ruta coa Depo” é un programa da Deputación de Pontevedra que consiste en pasar un día coñecendo lugares emblemáticos da provincia de Pontevedra incluídos nas 32 rutas ofertadas. Ten por obxectivos, tal e como recordou a presidenta provincial, mellorar a participación, convivencia e cohesión social dos colectivos da provincia.

“Depo en marcha” oferta obradoiros de 30 horas dirixidos á terceira idade. Os principais obxectivos deste programa, segundo detallou Silva, son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecer relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico.

También te puede interesar