Dúas persoas morreron xa en Galicia a causa da gripe, segundo os datos facilitados este venres polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS). O informe de ‘Vixilancia da gripe en Galicia’, elaborado por Sanidade, indica que dende o inicio desta tempada da enfermidade houbo xa 152 peroas ingresadas con gripe. Delas 69 xa saíron do hospital e 17 tiveron que ser trasladados ás Unidades de Vixilancia Intensiva (UVI).
O Sergas prevé un incremento dos casos e da asistencia aos centros de saúde e servizos de Urxencias, nunha semana na que a actividade da gripe vai en ascenso “o que reflicte o inicio da onda epidémica desta tempada”.
Sanidade repite que vacinarse é a mellor medida para evitar a enfermidade, lembra que é posible facelo ata o vindeiro venres, día 25 e informa que dende inicio da campaña e ata o martes pasado xa se vacinaran 558.468 persoas, 28.000 máis que o ano pasado.