Imaxes: Paula Crespo/Traballadores de Mantelnor, concesionaria do servizo de limpeza dos colexios públicos do Concello, rexeitaron, de novo, o despido dun compañeiro.
Os membros do persoal manifestáronse na Praza do Rei para esixir a súa readmisión. O mesmo lugar será no que protesten o día 30 para “forzar ao Goberno local a implicarse no conflito”.
Representantes dos traballadores afirman que se tratou dunha “medida drástica” porque non houbo ao advertencia previa ao afectado.