Persoal no CETEC, centro do grupo Copo, convoca paros de catro horas por quenda de traballo e unha manifestación este luns. O obxectivo desta mobilización é reclamar a readmisión de dous compañeiros despedidos. A CIG denuncia que deste xeito a compañía estase a desfacer de persoal con antigüidade. A sinalidade é “substituílo por traballadoresen peores condicións laboráis”, engade a central.
O sindicato nega as causas alegadas pola empresa e lembra que a mesma non ten perdas. “No pasado exercicio superou as súas expectativas económicas”, afirman os representantes sindicais.
A xuízo da CIG Consideran que se trata dunha decisión totalmente inxustificada. É por iso que chaman a participar non paros e na manifestación dende Copo en Mos ás 11:00 horas.
O sindicato denuncia que detrás destes despidos agóchase unha estratexia para precarizar as condicións laboráis. “O xerente chegou hai dous anos coa intención de reestruturar a empresa para abaratar os salarios e precarizar o emprego”.