Carmela Silva, adiantou este luns que o mes que ven empezan as obras de reforma do Castelo de Sobroso. As mesmas abranguen dúas actuacións. Dunha banda, rehabilitarase a antiga cafetería para convertela nun espazo de usos múltiples. Por outra, vaise crear o “Xardín do Corpus” na entrada principal do castelo.
O novo espazo de usos múltiples concibirase como unha sala na que se poidan celebrar actividades didácticas e charlas. Está previsto que se complemente esta actuación coa adecuación da contorna exterior. A mesma pasará a ser un espazo de picnic con servizo de auga potable e bancos con mesas.
En canto á segunda actuación, a creación do “Xardín do Corpus” partiu dunha proposta do concello de Ponteareas. Este novo espazo verde estará situado na parte baixa da finca, na entrada principal.
A presidenta explicou que se prevé facer unha plantación de 300 buxos a cada lado da pista de entrada e nos socalcos. Ademais, plantaranse 300 hortensias. Nas dúas áreas existentes máis planas tamén se plantarán 150 camelias e outras 50 noutro espazo.