'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

A Consellería de Educación convoca os exames para que maiores de 20 anos de idade obteñan o título de Bacharelato

Educación, vén de publicar a convocatoria da proba para que os maiores de 20 anos obteñan o título de Bacharelato. As modalidades a examinar son Ciencias e nos dous itinerarios da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

Poderán participar os maiores de 20 anos -ou que os cumpran no 2019-, que non dispoñan deste título ou equivalente. Además non deberán  cursar ensinanzas de Bacharelato en ningún dos réximes neste curso. As persoas interesadas poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles. Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais, as persoas aspirantes que teñan superadas as materias xerais e as materias troncais de opción propias da modalidade de Artes.

O prazo de presentación das solicitudes será entre o 25 de febreiro e o 11 de marzo de 2019. Os candidatos deberán empregar o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Os centros nos que se poderá presentar son o Centro de Educación para Adultos (EPA) Eduardo Pondal (A Coruña), o IES San Clemente (Santiago de Compostela), o Centro EPA Albeiros (Lugo), o Centro EPA de Ourense, o Centro EPA Río Lérez (Pontevedra) e o Centro EPA Berbés (Vigo).

O exame celebrarase o 26 de abril en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago.

Te podría interesar