Marga Pazos, presentadora dos informativos da TVG, pasa a función de ‘locutora’. A orde, segundo o Comité de Empresa, é da directora de informativos, Concha Pombo.
Segundo o Comité “é outro caso de grave represalia a unha traballadora pola súa significación pública en defensa da independencia dos medios públicos galegos”. Marga Pazos participou activamente nos Venres Negros contra a manipulación informativa na Radio Televisión Pública de Galicia.
O caso de Pazos súmase ao doutros catro xornalistas da RTVG: Tati Moyano, Alfonso Hermida, Ana Pérez e Carlos Jiménez. Todos eles pagaron polas súas denuncias pola parcialidade e manipulación da información no medio público.