A secretaria de Mulleres da CIG, Margarida Corral, presentou este mércores, na Consellería de Traballo, a convocatoria de folga xeral para o vindeiro 8 de marzo.
O paro abranguerá dende as 00:00 a 24:00 horas, agás naquelas empresas e organismos con quendas de traballo que impliquen esas horas. Neste caso será entre a primeira e a última quenda.
A CIG rexistra a convocatoria de Folga Xeral de Mulleres de 24 horas para o vindeiro 8 de Marzo. https://t.co/nlnPepuhjs #folgademulleres #8M pic.twitter.com/HskiW0lBdO
— CIG (@galizaCIG) February 6, 2019
A CIG demanda a necesidade de diminuír a fenda salarial e estabelecer mecanismos de control para evitar discriminacións. Esixe o recoñecemento da conciliación, a lactancia e o acompañamento a consulta médica ou titoría. Reclama a xornada laboral de 35 horas e planex de riscos para embarazadas. Por último pide medidas para “detectar e eliminar situacións de acoso e violencia no traballo”.