Estará en el antiguo edificio de los juzgados, que se reformará completamente
Leer másPersoal de investigación da Universidade de Santiago empeza mobilizacións e accións de protesta
A Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) acordouno por unanimidade na súa última asemblea. “Decisión que nos obrigou a adoptar o actual Equipo de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, que segue facendo oídos xordos ás reiteradas peticións realizadas para tratar de solucionar a situación de discriminación e inxustiza que sofre o colectivo”.
As investigadoras piden que remate a discriminación á que se ve sometendo a unha parte do persoal de investigación. Hai tres anos empezou a cobrar por debaixo do salario mínimo que fixa a normativa, e a quen tamén se lle negan as subidas salariais -que si ten o resto de persoal da USC- e se lle deixou de aboar a indemnización por extinción de contrato. “Só pedimos que tódalas persoas que teñen a mesma categoría profesional teñan garantidas as mesmas condicións laborais mínimas que xa recolle a normativa da Universidade”.
Así, por exemplo, para unha investigadora FPU/FPI a diferenza entre o que percibe (1.173,00 €/mes) e o que figura na táboa de salarios mínimos actualizada (1.244,91 €/mes) supera xa os 1.000€ anuais. Dándose ademais por primeira vez a circunstancia de que un axudante de apoio á investigación percibe xa un salario mínimo (1.193,97 €/mes) superior ao das propias investigadoras destas convocatorias. “Algo inaudito”.
Mentres, ante a inacción do Equipo de Goberno, as demandas contra a USC seguen aumentando. “Non entendemos como é posible que prefiran seguir malgastando diñeiro público en pagar honorarios de avogados, indemnizacións e custas xudiciais en vez de investilos en investigación. É algo realmente inexplicable”.