Galicia Vigo al minuto

Aprobado o proxecto para construír unha zona de lecer sobre o falso túnel da AP9 en Candeán (Vídeo)

Imaxes: Paula Crespo/Unha zona verde sobre o túnel da AP-9, en Candeán. Ese é o obxectivo cara o cal o Goberno local aprobou este xoves o expediente de contratación das obras. 

O mesmo ten un orzamento base de licitación de 700.000€.  A actuación vaise a levar a cabo unha superficie de 19.476 metros cadrados que pasará a ser nunha gran zona verde. Haberá na mesma tres plataformas: aparcadoiro, zona para actividades festivas con terra vexetal e árbores.

Caballero apuntou que o proxecto inclúe a instalación de alumeado público. Ademáis haberá muros de contención de terras para ampliación de anchos de vía. Por último habilitaranse beirarrúas de formigón, saneamento e abastecemento.

También te puede interesar