O Servizo Galego de Saúde informa de que este luns comezan a traballar, como interinos, varios médicos. Son os que cobren as prazas dos centros de saúde de Coia e Cuba, en xornada de tarde. Además de os do Casco Vello e Teis de mañá, e nos Puntos de Atención Continuada (PACs) de Cangas e Porriño.
“A isto hai que engadirlle a nova praza creada no centro de saúde Porriño, cuxo propietario se incorporará o día 1 de marzo”, indican dende o SERGAS.
As prazas, na súa maioría son vacantes e reservas que resultaron do concurso de traslados, xubilación e outras situacións administrativas.
Segundo os responsábeis da Área Sanitaria de Vigo, “no momento actual, dos médicos 433 médicos de atención primaria da área sanitaria de Vigo, o 77,36% (335) son fixos con praza en propiedade”.
134 profesionais da enfermaría
Na mesma liña, Sanidade indica que a pasada semana “consolidouse a 134 profesionais dos colectivos de enfermaría e de Técnicos de Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAEs)” do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.