O Servizo Galego de Saúde integrará a Unidade de Resonancia Magnética Nuclear de Galaria en de Vigo. Con esta medida iniciase o procedemento para concluír o proceso de integración comezado no ano 2016, trala apertura do Hospital Álvaro Conqueiro.
Segundo o xerente do SERGAS “trátase dunha integración similar a levada a cabo no 2015 das Unidades de Cirurxía cardíaca e Cardioloxía intervencionista no Complexo vigués”. “Daquela, unificáronse orgánica e funcionalmente os recursos e a experiencia dos profesionais”.
Galaria continuará prestando asistencia a través da Resonancia Móvil –realizan 17.000 resonancias anuais- que ademáis tense reforzado o pasado ano cun terceiro equipo que da servizo aos hospital comarcais do SERGAS.
Servizo de referencia
O servizo de Radioloxía da Área Sanitaria de Vigo realiza unha media de 1.000 estudos radiolóxicos diarios, dos que un 33 por cento son procedementos radiolóxicos complexos .
Anualmente efectúan 390.000 probas radiolóxicas, das que 51.000 son ecografías; 42.000 TCs (tomografía axial); 5.000 procedementos vascular-intervencionista; 10.000 estudos de mama; e 281.000 radioloxías simples, entre outras.
En canto aos recursos tecnolóxicos e humanos, no momento actual, o Complexo Hospitalario de Vigo dispón dun total de 57 salas de radioloxía – 10 salas de radioloxía convencionais; 10 de radioloxía dixital; 2 de telemando; 3 salas de radioloxía intervencionista; 3 salas de radioloxía vascular; 18 ecógrafos, 6 equipos de TC – atendidas por 50 radiólogos, 78 técnicos de radioloxía, 17 profesionais de enfermería, 27 celadores e 6 auxiliares administrativos.