1.600.000€. Esa é a cantidade que o Goberno local adicará a axudas extraordinarias a familias este ano. Hoxe o Concello aprobou as bases desta convocatoria para gastos de aloxamento, subministros e alimentación, o popularmente coñecido coma ‘cheque social.
O alcalde explicou que en 2018 houbo un total 5.611 axudas concedidas a 1.937 solicitantes. No que se refire á partida do 2019, Abel Caballero afirmou que hai “apoio total” a antidesahucios, cun orzamento de 2, 48 millóns de euros. Se trata dos devanditos 1.600.000- e outros 842.000€ para fondos de emerxencia.