A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) segue adiante coa campaña galega “Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito” na que diversos colectivos e asociacións denuncian a “miserenta axuda social” que é a Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA). Este mes de febreiro haberá dous faladoiros baixo o título: “RISGA: da esmola ao dereito”.
O acto será o venres 15 de febreiro ás 20:00 nos locais da parroquia do “Cristo da Vitoria” -rúa Baiona 9, Coia-. No acto, ademáis de Beatriz Lorenzo (ODS-Coia) que dará información sobre a campaña galega, participarán: Milagros Pérez (Integradora Social e perceptora da RISGA); Adrián Romero (perceptor da RISGA) e Marta Vallejo (traballadora social en Servizos Sociais Comunitarios).
“A campaña pretende presentar ao conxunto da sociedade a necesidade de converter a RISGA, nun contexto de sociedade empobrecida, nun verdadeiro dereito”. A mesma incide, cando menos, nun modelo con estas características: – 1.-RISGA como dereito cidadá, nunha sociedade empobrecida; 2 – RISGA como dereito individual e respectuosa cos proxecto de vida das persoas; 3 – Unha RISGA, suficiente e digna, que tome como referencia o Salario Minímo Interprofesional para superar as miserentas contías actuais (403,38 €) e,4 – unha RISGA accesible e eficaz, que mediante tramitacións eficientes garanta un prazo máximo dun mes para o acceso a mesma.