Os responsabéis da Área Sanitaria de Vigo veñen de dotar á atención primaria viguesa de 3 novas prazas de enfermeiras especialistas. Así, este mércores comenzan a traballar as dúas primeiras profesionais especialistas en enfermaría pediátrica da área, que se incorporan aos centros de saúde de Tui e Gondomar.
Ademais, se incorpora tamén unha especialista en enfermería familiar e comunitaria en Mos. Con esta nova profesional, as prazas de enfermería familiar e comunitaria pasan a ser 3 na área de Vigo, xa que ven a sumarse ás outras xa existentes nos centros de saúde de Val Miñor e Pintor Colmeiro.
As enfermeiras especialistas desenvolven un período de formación (EIR) na área da súa elección -Medicina familiar e comunitaria, Pediatría, Saúde mental, Obstetricia e Xinecoloxía, ou Xeriatría- .