'Qué te cuentas?' Galicia

13.504 persoas preséntanse para cubrir 121 postos de traballo na Xunta

O 2º exercicio da oposición para cubrir 438 prazas administrativas da Xunta será os días 27 e 28 deste mes

13.504 persoas foron admitidas para participar nas novas oposicións de acceso libre convocadas pola Xunta para cubrir 121 postos de traballo da Administración Autonómica.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores as resolucións polas que se dan a coñecer as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas en tres procesos selectivos.

En marzo de 2018, a Xunta convocou -na maior convocatoria simultánea de oposicións dos últimos anos- un total de 121 prazas de acceso libre para os subgrupos A1, A2 e C2 da Administración Xeral da comunidade Autónoma de Galicia. A estes procesos pode presentarse calquera persoa que queira entrar a traballar na Xunta e cumpra os requisitos establecidos en cada convocatoria, e dispoña da titulación esixida.

O maior número de persoas admitidas concéntrase na oposición para o corpo auxiliar da Administración C2 para o que a Xunta convocou 53 prazas, con 10.317 aspirantes admitidos. No corpo de xestión A2 convocáronse 30 prazas e admitíronse 2.010 persoas; e finalmente para o corpo superior A1 foron convocadas 38 prazas con 1.177 admitidos.

As relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas, poderanse consultar do DOG e no portal corporativo www.funcionpublica.xunta.gal . No caso da listaxe de persoas excluídas, con indicación a causa determinante da súa exclusión, figurará como anexo das resolución que se publicarán no DOG.

Te podría interesar