Aseguran que a manifestación de Vigo do 8M foi unha das máis importantes do mundo e, sen dúbida, a máis concorrida do Estado
#8m Según datos de la Policía Local, 105.000 personas se han manifestado en Vigo pic.twitter.com/6W4QIHUJtR
— Vigoalminuto (@Vigoalminuto) March 8, 2019
Imaxes:Paula Crespo/Galegas 8m fixo este mércores un balance da xornada de protesta do venres pasado cualificando a resposta das viguesas e vigueses de “éxito absoluto”.
As representantes deste colectivo lembraron que, dacordo cos datos da Policía Local, saíron ás rúas 105.000 persoas, “unha terceira parte de toda a poboación de Vigo”. Iso fixo que a manifestación da cidade fose, en proporción, “unha das máis importantes e numerosas do mundo e, sen dúbida, a máis concorrida de todo o Estado”.
#8M Vigo sale a la calle pic.twitter.com/xHfm3ywYmT
— Vigoalminuto (@Vigoalminuto) March 8, 2019
Galegas 8m salientaron que tres mulleres máis foros asasinadas polas súas parellas ou ex parellas a pasada fin de semana e reiteraron que o traballo e a loita ten que continuar.
A xuízo das responsábeis desta asociación, ese traballo e esa loita non poden quedar nun “día de festa”. Teñen que ser constantes, con accións diarias, presenza na rúa, contra-discursos que obriguen aos responsábeis públicos a mudar as leis.
Neste senso colectivo Galegas 8m amósase seguro de que “as mulleres seremos libres” pero, advirten iso será “cando todos o sexamos, e a ata entón a loita seguirá”.