Galicia

Mantense a convocatoria de folga en Atención Primaria para os días 9, 10 e 11 de abril

A folga na Atención Primaria, que como informou vigoalminuto foi convocada pola Coordinadora Galega de Atención Primaria, segue en pe para os días 9, 10 e 11 de abril.

A Coordinadora non desconvocou o paro pese a  xuntanza na que onte os dirixentes dos colexios médicos, das tres sociedades científicas de medicina de familia (SEMG Galicia, Semergen Galicia e AgamFEC) e a Consellería de Sanidade.

Nesta xuntanza Sanidade comprometeuse a crear, nos dous vindeiros anos, 60 novas prazas de médicos de Atención Primaria nos centros de saúde con máis ’presión’ asistencial. A mesma estará determinada polo número de tarxetas sanitarias e pola ‘complexidade’ das patoloxías dos pacientes que atenden.

A Coordinadora Galega de Atención Primaria estudará este acordo pero insiste en que a folga mantense e que teñen que ser os médicos os que decidan.

También te puede interesar