Comarcas

A metade das estradas da provincia dependen da Deputación, aínda que so reciben o 16% do tráfico diario

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vén de iniciar a campaña de 2019 de control de aforos da súa rede de estradas para coñecer o número de vehículos que circula por cada vía.

Neste exercicio realizaranse un total de 150 medicións, das que 119 serán semanais e 31 diarias  en estradas de diferentes tipoloxías, controlando tanto o número de vehículos lixeiros e pesados, como se a velocidade á que circulan se corresponde coa establecida para cada tipo de vía.

Nestes días os traballos de medición céntranse nas vías máis transitadas do concello de Vigo, onde están instalados tres medidores na EP-2001 Calvario-A Garrida, outro na EP-2002 Gran Vía-Avenida de Madrid, e outros dous na EP-2005 Meixoeiro-Cuvi no municipio vigués.

A rede provincial conta de 377 estradas e case 1.700 quilómetros de lonxitude, o que supón o 50% da rede total (do Estado e da Xunta e o 16% do tráfico real.

Os datos que se manexan actualmente revelan que en máis da metade das estradas da provincia o número de vehículos diarios non chega aos 1.000, que só 16 estradas soportan un tránsito de máis de 5.000 vehículos, e que hai 13 vías que apenas chegan aos 50 vehículos por día.

También te puede interesar