Galicia

@AsNevesConcello logra que a @Xunta mellore a sinalización, visibilidade e seguridade do cruce de Setados

As xestións feitas polo Goberno local das Neves diante da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, para poñer solución ao xiro no cruce da PO-400 cara a parroquia de Setados, deron resultados.

Este mesmo martes, a consellería está modificando o pintado da sinalización horizontal desta estrada, de xeito que sexa posible realizar o xiro cara a pista que leva a Laxes, a Igrexa e que conecta coa maioría da parroquia de Setados.

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, subliña que trátase dunha medida “provisoria” de cara a que se artelle a solución definitiva que o Goberno local entende sería a ‘colocación’ dunha ‘rotonda’ ou unha ‘raqueta’ neste cruzamento, “garantindo a seguridade para os vehículos e as veciñas e veciños que pasan camiñando por esta zona”.

A nova sinalización, que incorpora un espello no cruce, modifica o ancho dos carrís de circulación neste lugar, “mellora a visibilidade e fai máis doada e máis segura a saída cara As Neves, tal e coma pedían os habitantes de Setados e reclamamos dende o Goberno local”.

Ao mesmo tempo que se cambia a sinalización, o Concello está a levar adiante o asfaltado do treito dende este cruce ata a entrada da parroquia “que estaba en moi mal estado e que agora quedará arranxado cunha nova pavimentación”.

También te puede interesar