Galicia

@festivadecans chega este venres á @Sorbonne_Univ_

As curtas gañadoras da pasada edición do Festival de Cans proxectaranse este venres, 12 de abril en París. Será no I Festival de Curtamentraxes Galegas que se organiza na histórica Universidade da Sorbonne de París.

Proxectarase a curta ‘Matria’ de Álvaro Gago, finalista nos Premios Goya e galardoada na pasada edición de Cans con catro premios, entre eles, o de mellor curta de ficción, e ‘El Reloj’, de Borja Santomé, que acadou o premio á mellor curta de animación.

Ademais, o público poderá coñecer e achegarse máis á historia do Festival de Cans a través da proxección do documental Catorce Cans, dirixido pola realizadora Isaura Docampo.

‘Cans itinerante’

Estas proxeccións ubícanse dentro de “Cans itinerante”, unha aposta do festival por artellar un circuíto arredor de  cidades europeas.

As curtametraxes gañadoras, que chegan a París, veñen de pasar por Lisboa e chegarán tamén a Londres e Bruxelas.

También te puede interesar