Galicia

Aberto o prazo para optar ás axudas do programa ‘Emprega Xuventude’

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria pola cal a Consellería de Economía, Emprego e Industria incentiva con 3.000€ os contratos dun ano de duración, que acadarán o dobre -6.000€- no caso de contratos indefinidos.

Formación

O programa inclúe, por unha banda, un bono formación ás persoas sen emprego para que poidan responder ás necesidades formativas do tecido empresarial, incentivándose con 2.000€  a cualificación dos traballadores que son contratados de xeito inicial por 12 meses para que reciban unha formación mínima de 50 horas. Se o contrato é indefinido, o bono increméntase ata os 4.000€ e a formación mínima terá que acadar as 70 horas.

Impulso á contratación indefinida

Por outra parte, ofrécense incentivos á contratación ás empresas impulsando a contratación indefinida ou inicial cunha duración mínima de 12 meses a xornada completa.

As contías varían segundo o programa aínda que aumentarán nun 25% se a empresa conta con máis de 50 traballadores e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70% e noutro 25% no caso de que a actividade pertenza a un sector estratéxico.

Os apoios tamén aumentarán nun 25% para outros colectivos con máis dificultades para atopar un traballo como son, por exemplo, os emigrantes retornados e se o centro de traballo está emprazado no rural.

Estímase un número de beneficiarios de 330 menores de 30 anos. As solicitudes en todos os programas resolveranse seguindo a orde de presentación, é dicir, será por concorrencia non competitiva.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.