Galicia

Asociación de Veciños de Teis consegue a instalación dun semáforo na Avenida de Galicia

A Asociación Veciñal de Teis, logo de varios anos reivindicando do Concello e  da Consellaría de Infraestruturas  a instalación dun novo semáforo na avenida de Galicia”, conqueriu que hai tres días comezasen os traballos de instalación do mesmo.

“Desde a Asociación dirixímonos por escrito de xeito reiterado ao longo destes anos a ambas administracións, sinalando a necesidade da colocación dun semáforo polo perigo que  supón este paso de peóns, nunha avenida que soporta un elevado tráfico”.

Este semáforo, que estará á altura do número 66,  “é moi utilizado pola veciñanza, pois atopase próximo a baixada cara o centro de saúde de Teis e xunto ao carón dunha parada do autobús”.

Te podría interesar