A participación nas Eleccións Xerais deste domingo era, ás 2 da tarde, do 36,96% en Galicia,preto de 3 puntos máis que en 2016, cando estaba, á mesma hora, no 34,07%.
Segundo os datos do Ministerio do Interior, a participación en Galicia estaba a esa hora 4,5 puntos por baixo da media do Estado, que era do 41,49%.
Ate as 2 da tarde votaran xa 828.325 galegas e galegos, fronte a 769.308 das Eleccións Xerais de 2016.
Por provincias, na de A Coruña votaran o 36,64%-unha participación 3 puntos maior que hai case tres anos- en Pontevedra, o 37,70% – en total 1,85% máis que en 2016; en Lugo o 35,21%- un 4% máis que nas anteriores Eleccións Xerais- e en Ourense o 37,87% – un 3% por riba de 2016-.