Galicia

#28A O PSdG-PSOE gaña en Galicia con 10 deputados fronte aos 9 do PP

Co 98% dos votos contados, o PSdG-PSOE gañou as Eleccións Xerais en Galicia facéndose con 506.204 votos, o 32,15%, e 10 dos 23 deputados galegos.

Os socialistas gañan 4 escanos, 180.000 votos-10 puntos máis que en 2016- e son o partido máis votado tamén nas provincis máis poboadas: A Coruña e Pontevedra.

O Partido Popular perde máis de 100.000 votos, pasando de 650.831 votantes-o 41,53%- e 12 deputados, a 432.089 apoyos-o 27,45%- e 9 escanos.

Unidas Podemos, terá dous 2 deputados, logo de facerse con 227.819 votos, -o 14,47%-; Ciudadanos outros 2, logo de conseguir 175.352 votos-o 11,14%-, 40.000 máis que en 2016.

Quedan foro do Congreso dos Deputados o BNG e tamén En Marea.

También te puede interesar