Galicia

O Goberno de Galicia deixou sen executar nunha década 100 millóns destinados a vivenda pública

O voceiro do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia asegurou este martes que o Goberno galego deixou sen executar 100 millóns de euros destinados a vivenda pública.

Xoaquín Fernández Leiceaga lembrou ao presidente Feijóo, que a Xunta ten a “competencia exclusiva en materia de vivenda, fixada no propio Estatuto de Autonomía” e que, aínda así, o gasto en vivenda pública pasou de maís de 200 millóns aos 68 millóns aos que se viron reducidos nos últimos catro anos.

Os socialistas alertaron de que o Programa de Acceso á Vivenda quedou reducido a “menos dunha sexta parte”, dende os 108 aos 17,5 millóns de euros e contratastaron os datos de vivendas protexidas hai unha década-máis de 2.000 anuais-a “apenas 16” dende que goberna Feijóo.

Dende o PSdG sublíñouse que no Programa de Axuda ao aluguer de mozos e persoas necesitadas, en 2018 a Xunta do executou 700.000€ dun programa de 3,7 millóns, co que só axudaron a 350 persoas das 4.000 que o solicitaran.

You may also like