Empeza a reconstrución, case un ano despois, coa concesión de 9 licenas e outras 12 en tramitación
O Concello de Tui ten concedido xa 9 licenzas de obra maior para a reconstrución de vivendas na zona cero de Paramos e outras 12 solicitudes están agora en tramitación.
Este venres, na ‘zona cero’ de Paramos foron retirados os valados tras completar hai unhas semanas os labores de desentullo.
Alí compareceu o alcalde, xunto aos arquitectos, anunciando dita apertura para “facilitar o movemento de vehículos e das empresas construtoras que van traballar na reconstrución”.
A limpeza de toda a zona, coa retirada do entullo e do material contaminante coma amianto, foi “un paso necesario e imprescindible” para que se poida iniciar a reconstrución da zona case un ano despois.
Hai que lembrar que no Pleno ordinario do pasado, a Corporación aprobou por unanimidade unha partida de 857.000€, con cargo ao Fondo de Emerxencia, así coma bases reguladoras, para a concesión de axudas ao propietarios de vivendas deste lugar, e coa achega municipal poder completar o investimento preciso para que os afectados poidan reconstruír as súas casas.